Chícharos en beurre noisette con medallóns de pavo ao limón

Ingredientes
  • 500 g. pavo en medallóns.
  • 500 g. de chícharos.
  • 150 g. manteiga.
  • Pirixel.
  • 1 cullerada de concentrado de xenxibre e allo.
  • Zume de 1 limón.
  • Sal.
  • AOVE.
Pasos a seguir
  • Botar sal e 1 cullerada de concentrado de xenxibre e allo ao pavo. Mesturar ben.
  • Poñer unha tixola a lume medio cun fío de AOVE para facer o pavo.
  • Deixar un par de minutos por cada lado (saberedes que é momento de darlle a volta cando o perfil do medallón comece a estar branco).
  • Regar co zume de medio limón e deixar que doure o pavo lixeiramente.
  • Cocer os chícharos en auga fervendo durante 5 minutos (se son frescos e tenros podédelos saltear en cru).
  • Poñer unha tixola a lume medio/baixo e derreter a manteiga (tendo conta de que non se queime).
  • Remover de cando en cando para controlar que non se queime.
  • Unha vez que o soro se separe e os residuos sólidos da manteiga comecen a coller color, xa estará a beurre noisette case lista.
  • Cando os residuos da manteiga desaparezan e esta torne dun ton dourado, é preciso apartala do lume para non queimala.
  • Escorrer os chícharos e botalos sobre a beurre noisette para saltear.
  • Espremer a outra metade de limón por riba e empoar co pirixel ben picadiño.
  • Colocar os medallóns de pavo sobre os chícharos e listo para servir!
NOTA:
Beurre noisette é unha técnica da cociña francesa que consiste en escurecer a manteiga sen queimala. Ao separaren os seus elementos, esta clarifícase e converte os seus residuos sólidos nese ton dourado que a representa. O de noisette (abelá) ven do aroma que desprende ao se dourar.  

Deixar un comentario