Ultimamente non teño moito tempo para chafullar na cociña (e moito menos para manter unha rutina con procedementos como o lévedo natural e os seus refrescos)😅 É por iso que estiven a facer unha pequena investigación sobre o mundo dos prelévedos como a Biga ou o Polish. Fermentos que, en 24 horas, poden acadar o nivel de fermentación ótima para formar parte das masas panificábeis (pan, pizza, focaccia...). Xa vos irei contando que tal resulta o experimento. Polo momento, pinta ben! 😊
🇬🇧⬇️ Nestas datas o cociñar, mais sobre todo o comer, váisenos un pouco das mans. É por isto que sempre acabamos con cantidades inxentes de sobras no frigorífico. Como xa sabedes, nesta casa non se estraga nada así que, máis unha vez, toca darlle unha volta aos miolos e inventar novas receitas. Neste caso, ideei uns canelóns recheos de pescada rosada e coliflor. Espero que vos guste!