Un dos primeiros trucos de aproveitamento que aprendín, sendo ben pequena, foi o de aproveitar as patacas cocidas do mediodía para facer unhas patacas fritidas pola noite. Máis unha vez, obtemos algo moi saboroso dunha cousa tan simple como unha pataca cocida.
Na miña infancia, estas patacas fritidas ían sempre acompañadas dun ovo con puntilla. E para min, esta elaboración era mellor que calquera prato de marisco. Era un menú que recendía a fogar. Este é o tipo de recordos que, cada vez que o lembro, volvo notar o sabor.
Se vos atrae a idea, mais preferides unha opción máis saudábel, sempre podedes facer as patacas no forno e trocar o ovo fritido por un escalfado. Estará igual de bo!