Boas xentiña! Aproveitando que estamos de ponte, saquei un ratiño para acender o forno e preparar estes lazos de masa follada con canela e chocolate.
- 2 rolos de masa follada.
- Canela en po.
- Chocolate negro.
- Xema dun ovo.
- 20 gramos de azucre.
- Desenrolar un dos rolos de masa follada, cubrir a súa superficie con canela e azucre.
- Picar o chocolate en láminas moi finas e botar por riba da canela e o azucre.
- Tapar co outro rolo de masa follada e selar os extremos coa axuda dun garfo.
- Facer cortes lonxitudinais (de extremo a extremo) cada 3 centímetros.
- Unha vez cortada a masa, retorcer cada lámina até conseguir unha espiral. Repetir este paso con cada lámina.
- Pintar coa xema dun ovo a superficie de cada lazo e enfornar durante 15 minutos a 170 coa opción ventilador.
- Deixar arrefriar antes de consumir.