Biscoito de cacao e leite de coco.

Esta receita non podería ser máis doada de lembrar. Eu chámolle a receita dos 150, xa que é o número que tedes que apuntar para as cantidades. De feito, as medidas deste biscoito pódenvos servir de base para calquera biscoito que imaxinedes: con iogur, froitas, vainilla etc.

Ingredientes:
  • 150 g. de fariña de trigo.
  • 150 ml. de leite de coco.
  • 150 g. de manteiga fundida.
  • 150 g. de azucre.
  • 3 culleradas de cacao en po.
  • 3 ovos.
  • 1 sobre de lévedo de repostaría.
Opcional: 5 ml. de extracto de améndoa amarga.
Pasos a seguir:
  • Mesturar o azucre coa xema dos ovos e a manteiga até conseguir una crema homoxénea.
  • Incorporar o leite de coco e o cacao en po.
  • Agregar, paseniño, a fariña mesturada co lévedo até obter unha masa cremosa e sen grumos.
  • Bater as claras a punto de neve.
  • Incorporar as claras á masa, aos poucos, facendo movementos envolventes.
  • Colocar a masa nun molde de biscoito.
  • Enfornar durante 25 ou 30 minutos a 170 graos centígrados.

Biscoito de crema de Limoncello

Hoxe tráiovos unha receita doce moi básica que resulta moi práctica para solucionar os almorzos ou para poñer co café cando temos visita: biscoito de crema de limoncello.

Ingredientes
Biscoito

100 g. azucre.

150 g. fariña de trigo.

150 g. manteiga.

1 sobre de lévedo de repostaría.

1 chope de crema de limoncello.

25 g. de po de cítricos.

3 ovos.

Pasos
  • Mesturar o azucre, as xemas e a manteiga derretida. Bater até conseguir unha crema ben amalgamada.
  • Engadir o po de cítricos e o chope de crema de limoncello.
  • Introducir aos poucos a fariña mesturada co lévedo.
  • Bater as claras a punto de neve.
  • Incorporar as claras á masa facendo movementos envolventes para que non perdan aire.
  • Enfornar durante 25 minutos a 170 graos centígrados.
Glaseado

50 g. azucre glas.

Zume de medio limón.

Pasos
  • Unha vez o biscoito estea case frío, mesturar o azucre glas co zume de limón e bater até que quede ben disolto.
  • Pintar a superficie do biscoito coa mestura cítrica e deixar arrefriar.