Cóctel Bellini

O Bellini é un dos meus cócteis favoritos e tamén un dos máis famosos. Esta bebida ten as súas orixes no Harry’s Bar (Venecia), uns dos rincóns favoritos de personalidades como Orson Welles ou Ernest Heminway. En 1948, o barista Giuseppe Cipriani, inspirándose nas cores dos cadros de Giovanni Bellini, deu vida a esta mestura de prosecco e zume de melocotón. Unha explosión de sabor burbullante.

Se non tedes acceso a un bo prosecco, non vos preocupedes, o cava tamén funciona moi ben. O importante e darlle ese toque seco e espumoso ao zume de melocotón.  

Ingredientes
  • 1 botella de prosecco ou cava.
  • 1/2 litro de zume de melocotón.
  • 20 ml de zume de physallis.

Smoothie de arandos e banana

Bos e calorosos días! Hoxe tráiovos unha receita ben sinxela para refrescar os vosos corpiños xeitosos con eses froitos que están a punto de se estragar: Smoothie de arandos e banana.

Truco: Cando vexades que as froitas están a piques de podrecer, non as tiredes no lixo, conxeládeas! Agora no verán son a solución perfecta para ter un bo smoothie nun tris.

Ingredientes:
  • 1 banana.
  • 1 presa de arandos.
  • 50 ml. de leite de coco (ou a vosa bebida vexetal de preferencia).
Pasos a seguir:
  • Botar a froita e o leite nun batedor americano e bater durante 30 segundos (aprox.)
  • Servir nun vaso ben frío e desfrutar ao sol!