Lazos de masa follada, canela e chocolate

Boas xentiña! Aproveitando que estamos de ponte, saquei un ratiño para acender o forno e preparar estes lazos de masa follada con canela e chocolate.

Ingredientes
  • 2 rolos de masa follada.
  • Canela en po. 
  • Chocolate negro.
  • Xema dun ovo.
  • 20 gramos de azucre.
Pasos a seguir
  • Desenrolar un dos rolos de masa follada, cubrir a súa superficie con canela e azucre.
  • Picar o chocolate en láminas moi finas e botar por riba da canela e o azucre. 
  • Tapar co outro rolo de masa follada e selar os extremos coa axuda dun garfo.
  • Facer cortes lonxitudinais (de extremo a extremo) cada 3 centímetros. 
  • Unha vez cortada a masa, retorcer cada lámina até conseguir unha espiral. Repetir este paso con cada lámina.
  • Pintar coa xema dun ovo a superficie de cada lazo e enfornar durante 15 minutos a 170 coa opción ventilador.
  • Deixar arrefriar antes de consumir.

Deixar un comentario