Crema de cabaza

Outro gran prato de culler (e comfort food) nos meses de outono é a cabaza, en todas as súas variantes. Na casa, a que máis nos gusta preparar é a crema. Xeralmente cociñámola especiada, outras veces cocida con mazá… mais hoxe comparto convosco a versión máis sinxela (o que non quere dicir que sexa a máis eslamiada). Crema de cabaza enfornada con sal, pementa negra e ourego. Receita rápida que require cero esforzo pola vosa parte. Só precisades un forno e 1 hora do voso tempo.

Ingredientes
  • 1 cabaza.
  • Sal ao gusto.
  • Pementa negra ao gusto.
  • Ourego ao gusto.
  • AOVE.
Pasos a seguir
  • Quitar os extremos da cabaza e cortar á metade. Retirar as sementes e os fíos do redor.
  • Salpementar ao gusto e regar cun fío de AOVE.
  • Enfornar durante 50 minutos a 180 graos centígrados.
  • Unha vez a cabaza estea asada, separar a carne da pel coa axuda dunha culler.
  • Botar a carne da cabaza nun recipiente (ou procesador de alimentos) xunto coa prebe que se foi creando no enfornado (é unha explosión de sabor, crédeme!) e bater até obter a cremosidade axeitada.
  • Incorporar a crema nunha pota e quentar a lume baixo até que comece a ferver.
  • Deixar repousar 15 minutos antes de servir.

Deixar un comentario