Batard do país

Ingredientes
  • 290 g. Auga tépeda.
  • 80 g. lévedo natural de centeo.
  • 45 g. Fariña de centeo.
  • 375 g.  Fariña do país.
  • 8 g. Sal.
Pasos a seguir
  • Mesturar as fariñas coa auga até que non quede fariña seca.
  • Deixar repousar 2 horas.
  • Engadir o lévedo natural.
  • Deixar repousar 40 minutos.
  • Engadir o sal.
  • Deixar repousar 40 minutos.
  • Facer 4 series de pregados cada 40 minutos durante 2 horas.
  • Dar forma ao pan e deixar repousar 16 horas (ou unha noite) nun banneton ou recipiente enfariñado.
  • Alén diso, é preciso cubrir o pan cun pano enfariñado e despois cubrir o banneton cun gorro de ducha.
  • Quentar o forno a 250 graos centígrados cun Dutch Oven no interior. 
  • Colocar o pan sobre papel de forno e greñar co patrón desexado.
  • Enfornar durante 20 minutos coa tapa posta e 10 a maiores sen tapa.
  • Deixar arrefriar nunha grella durante 1 hora.

Deixar un comentario