Vieiras especiadas en tempura

Ingredientes:
  • 6 vieiras limpas (se vós non sodes quen de limpalas, pedide na peixaría que volo preparen).
  • 20 g. de allo en po.
  • 8 g. de sal.
  • 10 g. de sementes de comiño (ou comiño en po, se preferides).
  • 1 vaso de fariña tempura.
  • 1 vaso de auga moi fría.
  • AOVE.
Pasos a seguir:
  • Cortar as vieiras en dúas metades.
  • Mesturar o allo, o comiño, o sal e a fariña nun recipiente.
  • Engadir a auga e bater até conseguir un líquido cremoso e sen grumos.
  • Quentar un cazo con bastante aceite a lume medio/alto.
  • Impregnar as vieiras coa tempura e frixir durante 1 minuto por cada lado.
  • Deixar escorrer o exceso de aceite sobre papel de cociña antes de consumir.
Nota: Este prato pódese servir como petisco ou como prato principal acompañado dunha ensalada.

Deixar un comentario