Tortiglioni con kale e améndoa

Hoxe prepararemos unha receita express completamente vegana: Tortiglioni con kale e améndoa. Prato de pasta lixeiro e fresco para os días de verán.

Ingredientes:
  • 200 g. de kale.
  • 200 g. de tortiglioni.
  • 25 gramos de améndoa picada.
  • Zume de 1 limón.
  • 1 dente de allo laminado.
  • AOVE.
  • Sal ao gusto
Pasos a seguir:
  • Cocer a kale en auga fervendo durante 3 minutos cun chisco de sal e AOVE.
  • Cocer a pasta en auga salgada fervente durante 9 minutos.
  • Unha vez teñamos a kale lista, escoarémola para saltear co allo e un chisco de AOVE durante 1 minuto.
  • A continuación engadiremos a pasta e seguiremos a saltear.
  • Engadir o zume de limón e a améndoa picada. Saltear durante 1 minuto máis.
  • Quen quixer, podería acompañar este prato de queixo vegano relado.

Deixar un comentario