Noodles con cabaciña, feixón verde e paus de caranguexo

A de onte foi unha desas noites de preguiza en que non quería enredar moito para a cea e, neses casos, os noodles sempre son unha boa opción.

Ingredientes:

250 g. de noodles de trigo.

½ cabaciña.

50 g. de feixóns verdes.

20g. de salsa de ostras.

20 g. de auga tépeda.

10 g. de salsa soia doce.

6 paus de caranguexo.

Opcional: Salsa agridoce con chiles para darlle un toque picante.
Pasos:
  • Ferver auga e deixar os noodles repousando nela durante 5 minutos.
  • Saltear a cabaciña e os feixóns nun wok 5 minutos.
  • Engadir a salsa de ostras e a auga. Saltear durante 3 minutos máis.
  • Botar os paus de caranguexo e a soia doce. Saltear 1 minuto.
  • Engadir os noodles e mesturar ben para que a salsa impregne todo.
  • Para rematar, se queredes, podedes botar un pouco de salsa agridoce con chili para darlle un toque picante.

Deixar un comentario